martes, 20 de outubro de 2020

Primeira sesión, Engurras e Arrugas, BD e cinefórum

O éxito da banda deseñada Engurras de Paco Roca, trouxo consigo a súa versión en cine sen moita espera: Arrugas, con opción de audio en galego. |

Vémonos mañá luns ás 18:00 na aula 11!!!
http://culturagalega.gal/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10444

luns, 19 de outubro de 2020

Benvida

Dámosvos a benvida ao Club de Letras do Eusebio. Con moita ilusión botamos a andar para entre todos e todas artellarmos actividades arredor da arte, literatura, cine, música..., en relación co tema dos coidados, tan importantes e presentes na sociedade actual, e máis aínda nestes tempos de pandemia. Deixámosvos aquí esta pintura de Isaac Díaz Pardo onde se percibe claramente o papel fundamental que desempeñan as mulleres nos coidados da nosa sociedade.

Benvidos e benvidas!!!



"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...