domingo, 24 de xaneiro de 2021

Coidando o medio natural

O alumnado de 2º Bach realizou estes fantásticos folletos da man da súa profesora Paula Cadaveira. Coidar o noso medio é coidarnos a nós mesmos!

domingo, 17 de xaneiro de 2021

Sen perder nunca o humor: Our memes

 Our memes, é unha sección no blog da profesora de Educación Plástica e Visual Eva Vérez, que reúne memes sobre a pandemia realizados polo alumnado de 4º ESO. Extrememos os coidados coa nosa saúde, pero sempre co sorriso detrás da máscara!

http://epvtics.blogspot.com/2020/12/our-memes.html



Novo banco de libros, esta vez de BDs

Moito nos presta a Banda Deseñada! Por iso escolmamos algúns títulos que temos na biblioteca que teñen relación co tema dos coidados. Velaquí os tedes. 
Boas lecturas!
















xoves, 7 de xaneiro de 2021

Revista "A Voz de 1º E"

Rematando o trimestre, o alumnado de 1º ESO E traballou arreo na elaboración deste xornal que recolle as principais novas da actualidade, con especial atención á evolución da pandemia a nivel internacional, nacional e local. Parabéns polo esforzo e o bo traballo colaborativo! Coidémonos!!!

A Voz de 1ºE

Banco de libros

Nas últimas sesións tamén estivemos elaborando un banco de libros, lecturas sobre o tema dos coidados. Comezando pola narrativa, estes foron algúns dos títulos que chamaron a nosa atención, e aquí volos presentamos. 

Boas lecturas!












 













Papiroflexia para levantar os ánimos!

Acabamos o trimestre! Chegaron as vacacións e con elas, alegría e un puntiño de mágoa pola soidade que van traer consigo as necesarias restricións sanitarias. Por iso, na última sesión do Club de Letras elaboramos figuras de papiroplexia coa idea de transmitir mensaxes de ánimo e apoio a todo o mundo, especialmente a quen está sufrindo as consecuencias da pandemia. 

Volveremos a estar xunt@s!
























"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...