luns, 28 de xuño de 2021

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!


Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión ofrecérvola e que desfrutedes aprendendo con ela un anaco da historia da nosa cidade. 

"A Coruña dos coidados", é a obriña de teatro de monicreques que fixemos no Club de Letras este curso. Supuxo un gran traballo e esforzo, e chegados a fin nde curso, é emocionante ver o fermoso resultado dun traballo colaborativo tan intenso e continuado. Neste blog podedes ver a evolución, desde cando aínda as caixas do súper estaban sen pintar ata o final, coa obra completa e rematada. Agora coñecemos máis e mellor a historia da cidade, podemos mirala con outros ollos e sentir como latexa detrás dos nomes de certas rúas o corazón dun ou dunha coidadora.

Temos que agradecer a colaboración das persoas que nos axudaron a levala a cabo ou mellorala: 

Manuel Varela na gravación e montaxe.

José Salgado na fotografía.

Xurxo Souto, Charo Soto e Isabel Ruso na investigación sobre a cidade.

Laura Veiga, Ana Torres e Rocío Rodríguez nos ensaios e roteiro pola cidade.

Sabela Ramos de Artestudio co obradoiro de teatro onde tanto aprendimos.

Sara Hermo de Olloboi co obradoiro de audiovisual.

Manel Cráneo co obradoiro de banda deseñada.

Eva Vérez que nos fixo sitio na aula de Plástica para os nosos decorados.

François, Ivo e Sol Davó que nos prestaron xoguetes e obxectos diversos para o decorado das diferentes escenas.

Pola miña parte estou tremendamente satisfeita e orgullosa deste grupiño de alumnos e alumnas. Fachendosa! Como diriamos na miña terra. Este traballo é o resultado dunha actividade que, por riba de todo, foi conxunta, onde cada un e unha foron, e fomos, unha peza fundamental.

Esperamos que vos preste!

Por todo o traballado e vivido este ano, grazas. Unha aperta enorme e ata o próximo curso!


Zona de los archivos adjuntos

https://docs.google.com/document/d/1uIEv7Mfh2a2YjmF1Gwr54NcrZGf-BDarRDu1jaWAFGc/edit?usp=sharing








Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...