Lucas Castro, un dos participantes máis activos no noso Club de Letras, fixo estes pasabalabras sobre Isabel Zendal e o libro Os nenos da varíola, de María Solar, animado pola súa profesora Pilar Varela. Atrevédesvos con eles? Moita sorte!
domingo, 14 de marzo de 2021
domingo, 7 de marzo de 2021
Celebrando o 8M, Día internacional da Muller
Quen coida quen? As mulleres das nosas vidas: as avoas.
Sabes a que se adicou a túa avoa? que facía no seu tempo
libre? Ía á discoteca? Como coñeceu a súa parella ? Casaron ? E despois que?
Traballou na casa ? E fóra dela? Nos dous sitios? Coidou dos fillos e fillas?
Impórtache? E… temos fotos dela?
Da man da profesora Eva Vérez e dentro das actividades do
Club de Letras do Eusebio, este proxecto trata de buscar fotografías anteriores
a 1970 nas que poidamos ver aspectos da nosa herdanza cultural. Falando coas
nosas familias e pedindo permiso, lembrar coas nosas avoas e nais eses intres
que están documentados nas fotos de familia. Con estas imaxes somos quen de
compartir parte da nosa herdanza cultural, case desaparecida para as novas
xeracións. Esas expresións culturais nas cales as nosas avoas foron as
protagonistas.
Trátase de buscar imaxes dos albums familiares que conten
manifestacións e experiencias non coñecidas para o alumnado. A xente nova debe
coñecer o seu pasado e ser quen de interpretalo. Neste proxecto de transmisión
de imaxes, cremos necesario que as familias se impliquen para axudar a entender
o contexto no que foron feitas as fotos. Isto levará os nosos estudantes a
establecer contacto cos maiores xa que a través da súa necesaria axuda que
necesitan para facer esta tarefa, conectarán coas súas avoas para establecer un
interese polo seu pasado e as nosas tradicións. O alumnado escolleu entre
inglés ou galego para expresar esas ideas a través do texto que acompaña a
fotografía. O conxunto de traballos está exposto na primeira planta do edificio
da ESO.
Elas, as nosas mulleres, as que coidaron de nós e merecen
agora os nosos coidados, son hoxe as protagonistas.
http://epvtics.blogspot.com/2021/03/8m.html?m=1
Chapas do 8M elaboradas por alumnado
de 4º ESO e 1º Bach
Coordinado tamén por Eva Vérez, o alumnado de EPAV de 4º ESO
e de Debuxo Artístico de 1º Bach realizou deseños conmemorativos do Día da Muller,
montándoos logo sobre unhas chapas que quedaron estupendas. Distribuíronse respectando o protocolo COVID-19 o día 8 nas entradas do instituto e tiveron un grande éxito!
Participación do Club de Letras no vídeo conmemorativo do 8M promovido polo grupo "Iguais na Diversidade"
Obradoiro de Banda Deseñada con Manel Cráneo
Con moita ilusión o luns 8 de marzo recibimos a Manel Cráneo para o obradoiro de Banda Deseñada. Aprendimos moitas cousas boas, trucos, técnicas, ideas... que nos servirán de grande axuda para o noso proxecto sobre o Hospital da Caridade e as rúas da Coruña. Pero sobre todo, convenceunos de que calquera pode facer unha BD con tal de ter vontade, non importa que debuxemos ben ou mal. Grazas Manel!
"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!
Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...
-
Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...
-
Este curso tivemos a sorte de poder contar en 1º ESO A e E cun obradoiro de vídeo que de forma gratuíta nos ofreceu a asociación Olloboi. Sa...
-
O luns 26 de abril o Club de Letras do Eusebio saíu de roteiro pola Coruña vella, polo corazón da nosa cidade, rendendo homenaxe a esas pers...