domingo, 7 de marzo de 2021

Celebrando o 8M, Día internacional da Muller

Quen coida quen? As mulleres das nosas vidas: as avoas.

Sabes a que se adicou a túa avoa? que facía no seu tempo libre? Ía á discoteca? Como coñeceu a súa parella ? Casaron ? E despois que? Traballou na casa ? E fóra dela? Nos dous sitios? Coidou dos fillos e fillas? Impórtache? E… temos fotos dela?

Da man da profesora Eva Vérez e dentro das actividades do Club de Letras do Eusebio, este proxecto trata de buscar fotografías anteriores a 1970 nas que poidamos ver aspectos da nosa herdanza cultural. Falando coas nosas familias e pedindo permiso, lembrar coas nosas avoas e nais eses intres que están documentados nas fotos de familia. Con estas imaxes somos quen de compartir parte da nosa herdanza cultural, case desaparecida para as novas xeracións. Esas expresións culturais nas cales as nosas avoas foron as protagonistas.

Trátase de buscar imaxes dos albums familiares que conten manifestacións e experiencias non coñecidas para o alumnado. A xente nova debe coñecer o seu pasado e ser quen de interpretalo. Neste proxecto de transmisión de imaxes, cremos necesario que as familias se impliquen para axudar a entender o contexto no que foron feitas as fotos. Isto levará os nosos estudantes a establecer contacto cos maiores xa que a través da súa necesaria axuda que necesitan para facer esta tarefa, conectarán coas súas avoas para establecer un interese polo seu pasado e as nosas tradicións. O alumnado escolleu entre inglés ou galego para expresar esas ideas a través do texto que acompaña a fotografía. O conxunto de traballos está exposto na primeira planta do edificio da ESO.

Elas, as nosas mulleres, as que coidaron de nós e merecen agora os nosos coidados, son hoxe as protagonistas.

http://epvtics.blogspot.com/2021/03/8m.html?m=1 

Chapas do 8M elaboradas por alumnado de 4º ESO e 1º Bach

Coordinado tamén por Eva Vérez, o alumnado de EPAV de 4º ESO e de Debuxo Artístico de 1º Bach realizou deseños conmemorativos do Día da Muller, montándoos logo sobre unhas chapas que quedaron estupendas. Distribuíronse respectando o protocolo COVID-19 o día 8 nas entradas do instituto e tiveron un grande éxito!





Participación do Club de Letras no vídeo conmemorativo do 8M promovido polo grupo "Iguais na Diversidade"

Aí estamos, unha grata colaboración co grupo "Iguais na diversidade", pasámolo moi ben facéndoo e axudamos así a difundir, apoiar e explicar o significado desta data tan importante. Por todas!

Obradoiro de Banda Deseñada con Manel Cráneo

Con moita ilusión o luns 8 de marzo recibimos a Manel Cráneo para o obradoiro de Banda Deseñada. Aprendimos moitas cousas boas, trucos, técnicas, ideas... que nos servirán de grande axuda para o noso proxecto sobre o Hospital da Caridade e as rúas da Coruña. Pero sobre todo, convenceunos de que calquera pode facer unha BD con tal de ter vontade, non importa que debuxemos ben ou mal. Grazas Manel!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...