martes, 23 de febreiro de 2021

Rúas da Coruña dedicadas aos coidados

Nestas últimas sesións estivemos traballando duro investigando sobre a historia da nosa cidade. Quen son esas persoas que dan nomes ás nosas rúas e que dedicaron a súa vida a coidar dos demais? 

Comezamos localizando as rúas, buscando información sobre elas e levamos moitas sorpresas, pois descubrimos que no século XIX moitas das persoas que hoxe dan nomes a estas rúas están relacionadas co primeiro hospital que tivo a cidade, o Hospital da Caridade, situado na rúa que hoxe recibe o nome de Hospital na súa memoria. Localizámolas nun plano da cidade e expuxemos os resultados da investigación no club para poñelos en común e decidir que facer a continuación.



 
 
O seguinte paso foi buscar material bibliográfico sobre este tema e atopamos unha película titulada 22 ángeles e varios libros: Os nenos da varíola de María Solar, Pequena historia da Coruña, de Xosé Tomás e Xosé Alfeirán, e unha banda deseñada que se titula  Nuevo mundo, de El primo Ramón. 

22 ángeles (TV) (2016) - Filmaffinity      22 ángeles': y la televisión española por fin encontró a Balmis - Cultur  Plaza

  

 

 


 
 

Así conseguimos reconstruír en parte a historia do Hospital da Caridade fundado por Teresa Herrera, o primeiro lugar dedicado profesionalmente aos coidados dos/as nenos/as coruñeses e coruñesas e que xogou un papel fundamental na expansión da vacina da varíola por América e Asia. A cidade tamén ten varios lugares que lembran esta fazaña, esculturas, pracas conmemporativas, e unha rúa dedicada a Isabel Zendal, a reitora do Hospital da Caridade que coidou os nenos durante a expedición.
 


 
Para dar forma ao noso proxecto e poder contar a historia do Hospital decidimos realizar un teatriño de títeres recreando os espazos principais da historia e polo momento, niso andamos!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...