luns, 28 de xuño de 2021

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!


Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión ofrecérvola e que desfrutedes aprendendo con ela un anaco da historia da nosa cidade. 

"A Coruña dos coidados", é a obriña de teatro de monicreques que fixemos no Club de Letras este curso. Supuxo un gran traballo e esforzo, e chegados a fin nde curso, é emocionante ver o fermoso resultado dun traballo colaborativo tan intenso e continuado. Neste blog podedes ver a evolución, desde cando aínda as caixas do súper estaban sen pintar ata o final, coa obra completa e rematada. Agora coñecemos máis e mellor a historia da cidade, podemos mirala con outros ollos e sentir como latexa detrás dos nomes de certas rúas o corazón dun ou dunha coidadora.

Temos que agradecer a colaboración das persoas que nos axudaron a levala a cabo ou mellorala: 

Manuel Varela na gravación e montaxe.

José Salgado na fotografía.

Xurxo Souto, Charo Soto e Isabel Ruso na investigación sobre a cidade.

Laura Veiga, Ana Torres e Rocío Rodríguez nos ensaios e roteiro pola cidade.

Sabela Ramos de Artestudio co obradoiro de teatro onde tanto aprendimos.

Sara Hermo de Olloboi co obradoiro de audiovisual.

Manel Cráneo co obradoiro de banda deseñada.

Eva Vérez que nos fixo sitio na aula de Plástica para os nosos decorados.

François, Ivo e Sol Davó que nos prestaron xoguetes e obxectos diversos para o decorado das diferentes escenas.

Pola miña parte estou tremendamente satisfeita e orgullosa deste grupiño de alumnos e alumnas. Fachendosa! Como diriamos na miña terra. Este traballo é o resultado dunha actividade que, por riba de todo, foi conxunta, onde cada un e unha foron, e fomos, unha peza fundamental.

Esperamos que vos preste!

Por todo o traballado e vivido este ano, grazas. Unha aperta enorme e ata o próximo curso!


Zona de los archivos adjuntos

https://docs.google.com/document/d/1uIEv7Mfh2a2YjmF1Gwr54NcrZGf-BDarRDu1jaWAFGc/edit?usp=sharing








O noso logo

 O deseño dun logo foi o obxectivo dunha interesante actividade proposta ao alumnado de 2º ESO pola profesora Pilar Varela na materia de Investigación e tratamento da información. De entre os logos elaborados este,realizado por Lola Fernández López de 2º ESO A, foi o escollido para representar o noso Club de Letras do Eusebio. Moitas grazas Lola!



O método científico e a vacina da varíola, polo Club de Ciencias

 Algúns membros do Club de Letras fan tamén parte do Club de Ciencias, e explicáronnos que estiveron traballando sobre o método científico e a vacina da varíola. Déixannos esta actividade para comprendelo mellor. Moitas grazas!

 

Os bombeiros, grandes coidadores!

 Os bombeiros, que coidan dos cidadáns e cidadás en todo momento, sempre atentos e atentas á nosa seguridade. Fixéronnos unha visita e explicaron o seu labor nunha aula de 2º ESO. Así nolo explica Mencía Fondo nesta reseña.

"El pasado jueves 10 de junio de 2021, vinieron a nuestro centro 3 representantes del Cuerpo de Bomberos de A Coruña, Michel, Carlos y el cabo Casal, para darnos una charla sobre su trabajo y recordarnos alguna que otra cosa. Después de presentarse nos recordaron el número de emergencias de la UE, el de los bomberos de A Coruña, el de la policía local, el de la ambulancia, etc.

Nos explicaron las pruebas que tuvieron que suèrar para covertirse en bombero, nos enseñaron su equipamiento (sus trajes, su alarma personal, sus botas, su casco) y nos dijeron que había que tener vocación para ejercer este trebajo, que no se habían levantado un día y dijeron: “Quiero ser bombero”.

Luego, teníamos varias preguntas preparadas para ellos y nos las contestaron amablemente. Descubrimos bastantes cosas, como que solo hay 5 mujeres bomberos en toda Galicia, que uno de ellos estuvo 15 años para sacarse las pruebas, que hay que tener los carnets para conducir todo tipo de vehículo (ya sea marítimo, aéreo o terrestre), que el parque de bomberos de A Coruña se encuentra en el polígono de la Grela, y más cosas.

Al final de la charla, antes de irnos, nos recordaron que tuviésemos cuidado con las tecnologías: que no dejásemos el móvil cargando a nuestro lado toda la noche porque podía provocar un cortocircuito, que no cargásemos el móvil más tiempo del que es necesario... También nos avisaron de que en un incendio, debíamos cerrar todas las ventanas, porque si las abrimos dejamos que el fuego se avive y provoca más humo.

En mi opinión personal, los tres bomberos fueron muy agradables con nosotros y el contenido del que hablaron en la charla fue muy interesante."

(Mencía Fondo 2º ESO B)






Caderno de viaxes


Héctor Lorenzana, un alumno de 1º ESO, fixo este estupendo traballo en Xeografía e Historia, orientado pola súa profesora Paula Cadaveira. Da súa man damos unha volta polo mundo para darnos conta dos coidados que precisan os lugares máis afastados.
































domingo, 27 de xuño de 2021

Mulleres sanadoras

O alumnado de 4º ESO E realizou unha investigación coa súa profesora Rocío Rodríguez Ferreiro  na materia de Filosofía, sobre as mulleres como sanadoras dentro da sociedade tradicional. Estas reflexións deron como resultado fermosos traballos en honra das coidadoras. Preciosa actividade!















"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...