sábado, 26 de xuño de 2021

Arquitectura vivida

 

Os obxectivos previstos neste Club son potenciar e estimular ou pensamento crítico, independente e creativo a través do achegamento e estreita colaboración entre as materias de “ciencias” e as de “letras”, entrelazándose para visibilizar as mulleres nos diferentes eidos en que teñen destacado e que hoxe en día se atopan silenciadas ou esquecidas.

A actividade feita polos alumnos de 4º C de Eso creo que serviu para afianzar todo o anteriormente proposto e para que os alumnos se fixesen coa contorna arquitectónica que nos rodea.

A cidade ten un fermoso patrimonio arquitectónico non sempre coñecido, sobre todo as obras do século XX, entre as que destacan construcións de arquitectas que foron pioneiras non seu momento en españa como Milagros Rey e Rita Fernández.

As diversas competencias acadadas no currículo tamén tiveron unha plasmación práctica ao redactar, investigar, preguntar aos maiores da casa.

Como dato importante destacar o enorme poder de motivación e a satisfacción do propio alumnado cando buscaron o edifico a comentar, ou preguntaron polas distintas vivencias asociadas para plasmalo nun pequeno artigo.

O profesor tamén participou na selección dos mellores traballos felitos polos alumnos do centro dentro do Club de Letras. 

Abel Fernández Maroño

Depto de Xeografía e Historia































Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...