sábado, 26 de xuño de 2021

Poemas para Xela

O alumnado de 1º ESO A e E realizou unha actividade relacionada co coidado da lingua e da nosa cultura. Co gallo das Letras Galegas dedicadas a Xela Arias e aproveitando que nas clases traballamos o texto lírico, fixeron uns poemas dedicados a Xela. 

Comezamos vendo cada semana un capítulo da vida de Xela Arias e anotando as impresións e reflexións de cadaquén. Ao finalizarmos, elaboraron cadanseu poema aplicando os coñecementos aprendidos e converténdose así, tamén eles, en poetas. O resultado foi estupendo e podédelo ver aquí. Viva a poesía!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...