Levamos xa dúas xuntanzas moi produtivas no noso Club de Letras acabadiño de saír do forno.
Na primeira sesión repartíronse uns agasallos de benvida: un bolígrafo e unha libreta con imaxes relativas a figuras que coidan ou coidaron da nosa cidade: María Pita, o lume de San Xoán e a Torre de Hércules, que gustaron moito.
Non foi posible comezar a ver o filme debido a problemas técnicos, pero vimos no seu lugar o precioso videopoema "Envellecer", realizado por unha exalumna sobre un poema de Ana Mª Fernández. Isto deunos pé para intercambiar opinións arredor do tema da vellez.
O profesor Xulio Carballo falounos sobre o filme Arrugas e a banda deseñada Engurras, fixemos unha choiva de ideas arredor do título, e chegamos a elaborar unha atinada definición do mesmo:
Engurras: as cicatrices que deixan os recordos.
Na segunda sesión por fin puidemos comezar a ver o filme, que polo momento está gustando moito. Xa estamos desexando que chegue a seguinte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario