martes, 1 de decembro de 2020

O Club de Letras contra a violencia de xénero


 Contra a violencia, sempre! 

Desde o Club de Letras puxemos en marcha dúas iniciativas para mover á reflexión sobre esta terrible realidade que cómpre erradicar. Por unha parte, propúxose unha curtametraxe realizada por profesorado doo centro e a ASPG para traballar nas titorías sobre a violencia de xénero na literatura, música e arte, relacionando as obras de Castelao, Rosalía, Curros e Uxía Senlle.

Por outra banda, fixemos as xa tradicionais pulseiras con lemas contra a violencia de xénero e o alumnado de 1º de Bacharelato e 1º de ESO realizou carteis de repulsa á violencia machista que podemos ver expostos no noso taboleiro. Parabéns polo resultado!





































Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...