Ana e Mª José son as nosas orientadoras, e traballan arreo por e para nós. Ana Torres, membro do Club de Letras, estivo charlando co grupo sobre o importante e necesario labor do seu departamento, e especialmente de como actuar ante casos de acoso escolar, tanto se somos vítimas como se somos espectadores/as.
Para isto contamos cunha convidada de excepción, Laura Veiga, unha alumna do Mestrado de Educación que vén de completar con excelencia a súa fase de prácticas para ser profesora de Lingua e Literatura Galegas no noso instituto. Falou en primeira persoa e contounos a súa historia. Abriunos o seu corazón e del saíron medos, abusos, menosprezos, depresións, inseguridades, falta de confianza, de autoestima, unha etapa negra do seu pasado no instituto provocada por un grupo de compañeiras que non a aceptaban.
Aprendemos moitísimo delas dúas e fixéronnos reflexionar sobre as nosas actitudes e a tan necesaria empatía.
Mil grazas Ana e Laura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario