martes, 22 de xuño de 2021

Tachán, tachán... e sobe o pano ! A Coruña dos coidados para teatro de monicreques.

Este luns 21 de xuño, último día do Club de Letras, gravamos a obra de teatro que levamos tempo ensaiando, "A Coruña dos coidados". Coa axuda da cámara do profesor Manuel Varela puxemos en práctica o aprendido no obradoiro de teatro con Sabela, de vídeo con Sara e de BD con Manel Cráneo. Collemos os nosos teatriños feitos con caixas de cartón recicladas e alá foi! O amigo fotógrafo José Salgado deixou inmortalizado o momento. 

Botamos unhas risas e pasámolo moi ben. O resultado, nuns días...













Ningún comentario:

Publicar un comentario

"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...