sábado, 26 de xuño de 2021

Arquitectura vivida

 

Os obxectivos previstos neste Club son potenciar e estimular ou pensamento crítico, independente e creativo a través do achegamento e estreita colaboración entre as materias de “ciencias” e as de “letras”, entrelazándose para visibilizar as mulleres nos diferentes eidos en que teñen destacado e que hoxe en día se atopan silenciadas ou esquecidas.

A actividade feita polos alumnos de 4º C de Eso creo que serviu para afianzar todo o anteriormente proposto e para que os alumnos se fixesen coa contorna arquitectónica que nos rodea.

A cidade ten un fermoso patrimonio arquitectónico non sempre coñecido, sobre todo as obras do século XX, entre as que destacan construcións de arquitectas que foron pioneiras non seu momento en españa como Milagros Rey e Rita Fernández.

As diversas competencias acadadas no currículo tamén tiveron unha plasmación práctica ao redactar, investigar, preguntar aos maiores da casa.

Como dato importante destacar o enorme poder de motivación e a satisfacción do propio alumnado cando buscaron o edifico a comentar, ou preguntaron polas distintas vivencias asociadas para plasmalo nun pequeno artigo.

O profesor tamén participou na selección dos mellores traballos felitos polos alumnos do centro dentro do Club de Letras. 

Abel Fernández Maroño

Depto de Xeografía e Historia































Ensaios sobre a amizade na literatura

 “…para aminorar la intemperie

Como decía en la introducción al proyecto que presentamos para el Club de Letras, si la amistad ocupa un papel relevante en la literatura, en el arte en general, tal vez sea porque también en la vida tiene una importancia que a veces olvidamos.

Analizar diferentes manifestaciones artísticas (novelas, obras de teatro, poemas, canciones, películas, series de televisión, fotografías, cuadros, esculturas) desde este prisma es una de las actividades que estamos realizando este curso con el alumnado de Literatura Universal de 1º F y G de BAC.

Pensamos que reflexionar sobre este sentimiento, que aparece reflejado ya en los primeros textos literarios conocidos, es en  estos momentos más necesario que nunca y por ello hacemos nuestras las palabras de José Leal que citábamos en el proyecto:

La fragilidad y el dolor de los humanos  recorren toda la literatura universal desde su primer texto conocido. El Poema de Gilgamesh, sumerio,  datado hacia el 4.700 a.C., habla de la amistad, el consuelo en la fraternidad,  el dolor por las pérdidas y los esfuerzos por evitarlas. Tremendamente herido por la muerte de su amigo, el rey de Uruk busca  con tesón y sin éxito alguno  la inmortalidad y descubre que la posibilidad del hombre con respecto a todo aquello que tiene que ver con la vida  tiene siempre límites y que la condición humana es dramática porque viene marcada por la insuficiencia y lo inevitable de la muerte. Tras su infructuosa búsqueda  vuelve a su pueblo después de escuchar un consejo: “Y tú, Gilgamésh, tú que llegaste aquí tras un viaje muy largo y peligroso, regresa a casa tranquilo y con el alma serena, y no te obstines en recuperar la fuerza de tus primeros años, porque la planta de los latidos, la flor de la vida, el remedio contra la angustia no existen. La vida se nos escapa entre los dedos, rey de Uruk, y lo único que puedes hacer es vivirla”. Él, que había sido déspota y soberbio con su pueblo, descubre con  la muerte del preciado amigo  lo inexorable de la finitud inherente a nuestra condición de mortales y también la importancia del sentimiento de comunidad.  La elegía a su amigo Enkidu es uno de los textos poéticos más tiernos, profundos y sentidos que puedan encontrarse en la literatura universal. El Poema destila lo más hondo de las acciones y reacciones genuinamente humanas ante la adversidad y la certeza de la vulnerabilidad.  

Todo lo que nos está pasando en estos días, aunque extraño, es profundamente humano. Se nos muestra descarnadamente nuestro estado esencial de vulnerabilidad y  emerge la olvidadiza pero imprescindible necesidad del otro para aminorar la intemperie en la que estamos sin él. 

Esta es una muestra de las reflexiones que nuestros alumnos y alumnas han hecho sobre el tema. Esperamos que además de ayudarles a acercarse con otra mirada a las diferentes manifestaciones artísticas, les sirva también para reflexionar sobre los dos ejes en que se vertebra el proyecto Amizades que nos coidan, coidar as amizades y sobre todo para recordar la olvidadiza, pero imprescindible necesidad del otro, para aminorar la intemperie en la que estamos sin él.” 

Charo Vázquez Mourín

Profesora Literatura Universal 1ºF y G BAC










Obradoiro de vídeo con Olloboi

Este curso tivemos a sorte de poder contar en 1º ESO A e E cun obradoiro de vídeo que de forma gratuíta nos ofreceu a asociación Olloboi. Sara Hermo falounos durante as dúas sesións que durou o ollobradoiro sobre recursos e técnicas para elaborar ou mellorar os nosos vídeos utilizando o noso propio teléfono móbil. Aprendimos un montón de cousas e aplicámolo para os nosos traballos. Grazas Olloboi!




 



Poemas para Xela

O alumnado de 1º ESO A e E realizou unha actividade relacionada co coidado da lingua e da nosa cultura. Co gallo das Letras Galegas dedicadas a Xela Arias e aproveitando que nas clases traballamos o texto lírico, fixeron uns poemas dedicados a Xela. 

Comezamos vendo cada semana un capítulo da vida de Xela Arias e anotando as impresións e reflexións de cadaquén. Ao finalizarmos, elaboraron cadanseu poema aplicando os coñecementos aprendidos e converténdose así, tamén eles, en poetas. O resultado foi estupendo e podédelo ver aquí. Viva a poesía!










martes, 22 de xuño de 2021

Premiados os mellores traballos do curso

Vai acabando este curso tan estraño e diferente. Con todo, e malia a todo, fomos quen de facer moitas cousas, de seguir aprendendo e de demostralo con resultados. No noso Club de Letras estamos orgullosos e orgullosas do labor ben feito e para demostralo, quixemos premiar aqueles traballos que nos pareceron especialmente salientables entre os demais, e por isto, en colaboración coa Dirección do centro, entregamos unhas tarxetas agasallo dun coñecido comercio coruñés ao seguinte alumnado en proba do merecido recoñecemento:

-Carteis contra a violencia de xénero: Paula Martínez Gómez de 1º Bach B e Alejandro Eirís Padín de 1º Bach C.

-As avoas: quen coida quen?: Ha Nul Kim de 3º ESO C e Samuel López, de 3º ESO A.

-Arquitectura vivida: Antía Porta Pazos de 4º ESO C.

-A amizade na literatura: Claudia Santiago Blanco de 1º Bach F.

-Cadernos de viaxes: Héctor Lorenzana Cruz de 1º ESO D.

-Pandemias na historia: Lucas Castro Cano de 2º ESO A.

-Caligramas: Carolina Cid de 1º ESO E e Rebecca Ferris de 1º Bach B.

-Logos: Lola Fernández López de 2º ESO A.

-Traballos colectivos: xornal "A voz de 1º E" e revista "Poemas para Xela" 1º ESO A e 1º ESO E, premiados cun saco de lambetadas.

O xurado estivo formado polo profesorado membro do Club de Letras Eva Vérez, Rocío Rodríguez, Pilar Varela, Abel Fernández e Charo Vázquez.

Parabéns ben merecidos!!!



















Tachán, tachán... e sobe o pano ! A Coruña dos coidados para teatro de monicreques.

Este luns 21 de xuño, último día do Club de Letras, gravamos a obra de teatro que levamos tempo ensaiando, "A Coruña dos coidados". Coa axuda da cámara do profesor Manuel Varela puxemos en práctica o aprendido no obradoiro de teatro con Sabela, de vídeo con Sara e de BD con Manel Cráneo. Collemos os nosos teatriños feitos con caixas de cartón recicladas e alá foi! O amigo fotógrafo José Salgado deixou inmortalizado o momento. 

Botamos unhas risas e pasámolo moi ben. O resultado, nuns días...













"A Coruña dos coidados", a nosa peza teatral para todos e todas vós!

Por fin, despois de moito traballo, rematamos a gravación da obriña de teatro "A Coruña dos coidados". Fainos moitísima ilusión of...